A subida ao monte Meda é unha actividade incluída no Proxecto Terra.
O alumnado de 4º da ESO e os profes realizaron unha saída ao monte Meda (Padrón) para coñecer de preto a vexetación autóctona galega. Durante o percorrido puideron observar ameneiros típicos de ribeira, castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), toxos (Ulex europaeus), xestas (Cytisus scoparius), distintos tipos de breixos e algunhas especies de cogomelos.
A nivel xeolóxico, tamén se observou ao longo do camiño a composición do solo, formado principalmente por granitos e cuarzos. Foi unha experiencia enriquecedora para descubrir a biodiversidade e a xeoloxía do noso entorno máis próximo.

Este é o enlace ao Instagram do noso club de Ciencia, Bioclaciencia:








Comentarios
Publicar un comentario