25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller



Comezamos hoxe a homenaxe ás mulleres que sofren violencia. Durante a Hora de Ler realizáronse lecturas en alto de contos e microrrelatos relacionados co tema. Despois decoramos a entrada do IES con globos violeta e biblioteca fixo unha selección de libros desta temática que colocou no andel de entrada.









Pero seguirmos ao longo da semana traballando desde titorías os micromachismos e o cambio social das mulleres desde as avoas e nais ata as nosas alumnas. Para iso, animamos ao conxunto da comunidade educativa a colocar tarxetas adhesivas con aqueles micromachismos que persisten no día a día e cos cambios sociais. Nas titorías desta semana traballarán este tema. Tamén colaboran outros departamentos, como o de francés, que fixo cartelería co seu alumnado.






Neste enlace podemos ver o vídeo feito por Bioclaciencia:




Comentarios