Remate do ano Castelao

O IES quixo rematar o 2025 lembrando a Castelao, o autor homenaxeado este ano. O Club de Lectura Galeano e Polos Creativos levaron a cabo cadansúa iniciativa con apoio dout5ros departamentos como Xeografía e Historia e Lingua Galega.

En Polos crearon a silueta do autor e o alumnado do club de lectura deulles unha caharla  as alumnas e os alumnos de 4º da ESO sobre a obra do autor baseándose nalgunhas das Cousas do autor. Repartiron os textos e despois da lectura explicaron liñas temáticas como os protagonistas das obras, o papel da muller, a pobreza...





Comentarios