Charla: "Curso acelerado de Química orgánica"

 



O 14 de xaneiro o alumnado de Física e Química de 4º ESO e de 1º de Bacharalato asistiu á charla temática “Curso acelerado de Química Orgánica: un breve paseo polo mundo molecular” incluída no programa A ponte coa USC.

A charla foi impartida Diego Peña Gil, profesor investigador Oportunius no CIQUS.

O alumnado aprendeu sobre como foron sintetizadas ou illadas moléculas orgánicas relevantes (urea, quinina, adrenalina, ácido acetilsalicílico ou o primeiro colorante sintético) e a repercusión que tivo o emprego delas.

Coñeceron tamén as liñas de investigación nas que actualmente están a traballar o profesor Diego Gil e o seu equipo no CIQUS.



Comentarios