Charla entre mulleres promovida pola Mesa Local contra a Violencia de Xénero do Concello de Padrón.

 Hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO escoitou a tres mulleres traballadoras: María Portela directora de produción de Cortizo; ⁠Julia Gómez, técnica de producción de Finsa e ⁠Verónica Blanco, investigadora USC. Tres visións da situación laboral da muller no ámbito científico sobre todo.

Viñeron coa colaboración entre Mesa Local contra a Violencia de Xénero do concello de Padrón, o departamento de Orientación do IES, a coordinadora do PIE Iguála-T e da Comisión de Igualdade do centro.

Falaron da súa situación como mulleres traballadoras, do seus traballos, a condición de muller neles, o esforzo para lograr o que querían...











Comentarios