O alumnado de expresión artística de 4ESO, coa axuda do resto de alumnado de secundaria do centro e do departamento de lingua galega, fixeron o luns, unha montaxe inspirada no Land Art co gallo do día de Rosalía de Castro.
Na súa intervención puxeron ao vento poemas de Rosalía (colgados das pólas dun carballo nunhas cartolinas verdes e vermellas). Os poemas, relacionados coa natureza, foron seleccionados, escritos e lidos polo resto do alumnado.












Comentarios
Publicar un comentario