Levamos unha semana celebrando o Entroido cos mandados do Meco: sombreiros, mandís, colares e perrucas... encheron o centro de troula cada día.
Onte puxemos o peche ao Entroido no Camilo co concurso de disfraces por titorías gañouno 3º ESO, quen, coa magnífica actuación da súa titora, Araceli, e o espectáculo baseado en 101 dálmatas, logrou engaiolar o xurado, composto por cinco membros do claustro.
Querremos felicitar a todos os grupos participantes polo traballo en grupo, as coreografías, os disfraces e a ilusión posta. E, por suspoto, tamén a colaboración fundamental dun grupos de alumnas de alumnos de 2º de bacharelato, que puxeron música, presentaron o acto e animaron o festexo.
A titoría de 4º A disfrazados de vikingos
Deixamos un vídeo feito desde o Club de Ciencia onde apreciamos os disfraces do profesorado.








Comentarios
Publicar un comentario