Festival de Teatro Clásico de Lugo


O martes 03 de marzo asistimos ao Festival de teatro clásico de Lugo, organizado coma tódolos anos pola sección Galega da  SEEC (Sociedade española de Estudos Clásicos).

Levamos ao alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica do IES: 4º de ESO B e PDC; 1º BAC B e 2º BAC B. O profesorado acompañante foi o Xefe do Departamento de Latín, José Luis López, e mais Xoan Santaló (Dpto. De Xeografía e Historia).

Pola mañá asistimos á representación dunha traxedia grega, unha excelente representación da Medea de Eurípides, e pola tarde a unha comedia romana, Cásina de Plauto, nunha divertida e moi actualizada versión.

Entre as dúas obras tivemos dúas horas de tempo libre para comer. E ao recollelos fixemos con eles un pequeno percorrido pola muralla.

O comportamento do alumnado foi moi correcto e sempre foron moi puntuais. Do mesmo xeito, a valoración da actividade é moi positiva, tanto pola calidade das representacións en si mesmas como polo feito de achegar o teatro a alumnado do ensino medio, que non accedería ao teatro grecorromano (berce do teatro universal) doutro xeito.







Comentarios