Inauguración da exposición Incendios contra Lumes

Hoxe as 11:00 o alumnado de 4º ESO B acercouse ao salón principal da Sociedade Cultural Padronesa para inagurar o ciclo de actividades INCENDIOS/CONTRALUMES no Concello de Padrón. Actividade na que participara o alumnado de expresión artística cos seus traballos. 


Lois Gil, ex-profesor do noso instituto e promotor da actividade, e o alcalde, Anxo Rei Arca, inauguran a mostrar cunhas breves palabras de agradecemento. 

Ademais, Lois  fala da orixe do proxecto e da súa maduración e mostra as tres partes que a compoñen: obras dos artecorreistas, as dos mais cativos e a dos maiores.

Por outra banda, Merce Ares, membro da Sociedade, fotoxornalista e participante na exposición, comenta a reportaxe fotográfica que figura nun dos paneis e que ilustra dun modo moi expresivo a crueza dos incendios e o perigoso labor dunha brigada forestal nas súas tarefas de extinción.

Rematamos a nosa visita con tempo libre para ver a mostra e unha  visita ao resto de dependencias da Sociedade Cultural Padronesa.


Foi unha saída moi interesante!





Comentarios