Obradoiro Toca Toca


No obradoiro “Toca Toca” sobre invertebrados, o alumnado de 1º da ESO achegouse de forma práctica ao mundo destes animais. Coñeceron os catro grandes grupos de artrópodos (insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos), aprendendo a identificalos e as súas características principais.







Tamén comprenderon a súa importancia nos ecosistemas, polo seu papel na polinización, na descomposición da materia orgánica e no equilibrio das cadeas tróficas.

O contacto directo permitiu, ademais, superar medos iniciais e fomentar actitudes de curiosidade, respecto e valoración da biodiversidade.












Comentarios