Viaxe a Atapuerca

Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato, comezou ás 8 de mañá, a viaxe ata Atapuerca (Burgos).

A primeira parada fixérona en León, onde realizaron unha visita guiada pola Catedral , para aprender as técnicas constructivas e a simboloxía da arte Gótica.







O mércores, o noso alumnado, aprendeu a sobrevivir na Serra de Atapuerca, reproducindo o modo de vida e visitando os espazos que habitaron os primeiros habitantes da zona.













Pola tarde, continuaron coñecendo a evolución da arte gótica a través da Catedral de Burgos.









O xoves visitaron o Museo da Evolución Humana para comprobar como se interpretaron os restos arqueolóxicos atopados no xacemento de Atapuerca.
















Comentarios