Que non te líen! Ti elixes





O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a esta charla sobre os estereotipos de xénero na elección dos estudos. Nela comentáronse as distintas profesións e o xénero ao que tradicionalmente se asocian segundo os estereotipos. Para rebatelos, puxeron exemplos de mulleres que traballaban como mecánicas, motoserristas, deseñadoras gráficas e as vicisitudes polas que pasaron para chegar ata onde estaban.

Por outra parte, tamén puxeron exemplos de homes que taballaban como enfermeiros, axudando en xeriatría ou como profesores de infantil.

Achegaron datos interesantes como que as mulleres en Galicia cobran anualmente uns cinco mil euros menos cós homes, e que as mulleres traballan de media dunhas oito horas máis cós homes na casa.

Por último, deixaron ver a improtancia das FP, xa que achegan máis opcións para chegar a un traballo que realmente gusta ao alumnado.

Comentarios