Celebración do 50 aniversario da 1ª promoción do IES Camilo José Cela

O venres 29 de maio xuntáronse no IES Camilo José Cela o alumnado e profesorado da primeira promoción, incluída a primeira directora, Marisel Véliz. 



O centro acolleu esta xuntanza no salón de actos, onde o alumnado de 1º da ESO fixo unha presentación e acompañou durante todo o acto, chegando a agasallar á antiga directora cun ramo de flores.


Un grupo de tres alumnas tocaron a pendeireta para poñer música ao encontro:

Continuou o acto co discurso do actual director do IES, Rodrigo Ruiz, quen lembrou o primeiro contacto e as facilidades que se lles deu para levar a cabo esta xuntanza.


Falou a continuación a antiga directora, Marisel Véliz, que lembrou os inicios.



Despois tocoulle o turno ao alcalde de Padrón, Anxo Arca.


Á xuntaza acudiron preto de cen persoas:







 

Comentarios