Saída a Santiago co alumnado de Bioloxía

O martes 9 de xuñp o alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato visitaron Compostela cunha viaxe organizada polo departemento de Bioloxía.

O alumnado de 4º da ESO realizou unha visita ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela. Durante a visita puideron observar diferentes e interesantes coleccións de minerais, fósiles, rochas e diferentes especies animais conservadas para a súa exposición.




A actividade permitiulles ampliar os seus coñecementos sobre a biodiversidade, a xeoloxía e a evolución dos seres vivos, ademais de achegarse ao traballo científico desenvolvido neste tipo de institucións.

Mentres o alumnado de 1º de bacharelato percorreu nunha primeira fase as facultades de Enfermería, Medicina, Odontoloxía, o Pazo de Fonseca e a Alameda.






Despois, desde a facultade de Química adentráronse no Campus Vida: facultades, centros de investigación, principais cafeterías e residencias universitarias.










Comentarios