Charla no Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos.

 Onte, día 23 conmemorouse o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos. E o Concello de Padrón, a través do CIM, organizou unhas charlas tanto o martes 22 (para o alumnado de 3º da ESO) como o propio mércores (para alumnado de 2º da ESO) nas que reflexionar e detectar sobre estes feitos.




O mércores ademais o alumnado achegouse á Praza de Macías para participar nunha serie de actividades coordinadas polo CIM.




Foi unha boa mostra da colaboración do noso IES coas institucións da contorna.


Comentarios